CARGANDO CARGANDO CARGANDO
CARGANDO CARGANDO CARGANDO
87. CFLM
DOCUMENTAL

87. CUANDO FUIMOS LOS MEJORES

«87» trasládanos a un pasado no que o deporte, ata ese momento minoritario, como o baloncesto, chega a uns nivéis de popularidade descoñecidos, chegando a competir fronte a fronte co fútbol. Nunhas canastas situadas no recinto exterior do colexio Pardo Bazán, nunha pista de cemento, comezou o soño de varios mozos que fan fronte ao frío, chuvia e mesmo neve para cumprilo.

JAVIER BARCÓN VÁZQUEZ

DIRECTOR

ALBERTO DA SILVA CASTRO

DIR. DE FOTOGRAFÍA

UNIVERSO 1963 | JIN TONY’S SON

BANDA SONORA

SINOPSE.

‘87’ é a historia dunha xeración. Dun equipo, do traballo duns rapaces e da dedicación dos seus profesores e familias. En definitiva, é a historia dun pobo, As Pontes. Fala de nós, do que somos e do que fomos capaces. Trinta e cinco anos despois, o documental busca lanzar luz e construír memoria colectiva en base aos recordos que xera un edificio agora en ruínas, o colexio Pardo Bazán. Esta historia contada polos seus protagonistas fala de mocidade, de experiencias e de cando fomos os mellores.

Algo que nun principio ía ser recollido nun texto académico, nun artigo para a revista histórica HUME, trasladouse a un documental para poder darlle vida aos recordos. Porque non hai nada con máis forza que a voz dos seus protagonistas. Os seus sentimentos, os seus sorrisos e as súas bágoas, todo aparece recollido nesta peza documental que nos fala do que pasou entre canastras no ano 1987.

Lémbraste?

TESTIMONIOS.

XÉNERO

DOCUMENTAL

DURACIÓN

47 MINUTOS

LOC. PRINCIPAL

AS PONTES
MINIVELOCIDADE MINIVELOCIDADE MINIVELOCIDADE MINIVELOCIDADE MINIVELOCIDADE MINIVELOCIDADE MINIVELOCIDADE